www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 17 de Novembro de 2018

O goberno de Soutomaior non levará a pleno a aprobación do PXOM
Política • 24/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os nacionalistas entenden que o motivo da retirada deste asunto da orde do día do pleno que se celebra este xoves responde ás críticas da oposición sobre a existencia de erros no documento urbanístico que implicaban falta de información para os veciños en varias das alegacións modificadas tras os informes da Xunta.


A denuncia que o BNG realizou na comisión informativa de onte produciuse despois de estudar a documentación e comprobar como no PXOM  non aparecían por ningures as modificacións introducidas nas alegacións para a aprobación definitiva.


A este respecto o voceiro do BNG Manu Lourenzo sinalou que "o que ven a demostrar isto non é máis que a inmensa chapuza que o PP pretende aprobar e lamentou que a "falta de transparencia e de participación fora a tónica dominante en todo o proceso do PXOM".


Dende o BNG indicaron que seguirán informando á veciñanza ata o último día xa que o PP mantén a súa intención de aprobar este PXOM que "condena a Soutomaior a ser unha vila dormitorio". Da mesma maneira os nacionalistas criticaron a actitude do partido popular que "minutos despois de votar a favor do PXOM na comisión retira o punto da orde do día demostrando a chapuza que eles mesmos presentaron".


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: