www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

Redondela acolle unha charla sobre as cláusulas solo e os gastos hipotecarios
Sociedade • 23/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A asociación de empresarios organiza esta tarde ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira unha charla na que se abordarán os aspectos xurídicos, económicos e fiscais destas cláusulas abusivas cobradas polas entidades bancarias e moitos titulares de hipotecas. Impartirá a charla o avogado Iago Rodríguez mentres que Rosa Amoedo, vogal da asociación, encargarase dos aspectos fiscais destas cláusulas.


Os hipotecados con cláusulas solo abusivas poden reclamar desde este luns aos bancos a devolución do diñeiro que lles cobraron de máis. Así se estableceu no real decreto lei aprobado o venres no Consello de Ministros e que se publicou este sábado no BOE. Pero é o consumidor o que ten que tomar a iniciativa para pór en marcha este proceso extraxudicial acudindo a unha sucursal, independentemente de que a entidade habilitase xa o mecanismo. Calquera persoa física que asinase un contrato con cláusulas solo, independentemente de se a hipoteca foi xa cancelada ou non, poderá acollerse a este mecanismo a condición de que cumpran os requisitos xurídicos.


De todo isto falarase hoxe na charla que organiza a Asociación de empresarios e que quere aclarar aos veciños posibles dúbidas ao respecto e asesorar dos pasos que deben darse de cara a recuperar os cartos pagados indebidamente.


Tamén se falará dende o punto de vista fiscal das implicación que terá recuperar eses cartos, xa que a devolución do diñeiro non tributará, pero si haberá que regularizar as deducións por vivenda practicadas de máis no IRPF dos anos correspondentes, sen asumir multas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: