www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

Demandan a convocatoria do consello escolar municipal
Política • 20/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O PSOE denuncia a "falta de xestión en ensino do Goberno Municipal" que leva sen convocar o Consello Escolar dende o 15 de xuño do pasado ano cando está establecido que debe reunirse "como mínimo, con carácter ordinario tres veces ó ano, unha por trimestres de cada curso escolar". Critican que non se estean a debater tremas de relevancia para a comunidade educativa como as axudas ás ANPAS, comedor escolar ou actividades extraescolares.


Lembran tamén os socialistas que "no pleno de abril de 2016, presentamos unha moción que se aprobou na que se instaba á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para que Redondela estivera dentro dos colexios beneficiarios dos 120 millóns de euros anunciados pola Xunta de Galicia para mellora de centro públicos. En ditos acordos, recollíase que o Goberno Municipal do PP tiña que informar de todo o proceso de xestión para acadar o patio cuberto no CEP Santa Mariña e á instalación dunha nova cuberta no CEIP Quintela e finalmente, convocar ao Consello Escolar Municipal de Redondela para recompilar todas as demandas á Xunta de Galicia" pese a todo isto "o Goberno Municipal non fixo nada do acordado, reuníndose eles sós con responsables de Educación da Xunta de Galicia e non informaron da axuda existente con anterioridade, nin posterioridade ao Consello Escolar Municipal de Redondela".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: