www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 13 de Decembro de 2018

Últimos días para patinar sobre xeo
Institucional • 20/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A pista de xeo de Redondela amplía o seu horario na última fin de semana que permanecerá aberta, xa que a súa clausura está prevista para este domingo día 22 logo dun mes aberta na Alameda. Os prezos oscilan entre os 5,50 euros que custa a entrada de retirarse nas propias instalación ou os 3,50 no caso de comprala nalgún comercio ou local de hostalaría da Asociación de empresarios.


Os usuarios poderán gozar da instalación durante o fin de semana cun amplo horario. Hoxe estará aberta pola tarde en horario de 16.30 a 24.00 horas; o sábado de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 24.00 horas, e o domingo, con horario ininterrompido de 11.00 a 21.00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: