www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

AER cualifica de "despropósito" a construción dun muro para separar a AP-9 do colexio Igrexa
Política • 19/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Esixen que non se abra ao tráfico o novo carril da autoestrada a altura do colexio ata que os nenos non estean instalados no novo centro que está previsto construir na finca da Ginaria e critican que alcalde e Fomento defendan a construción deste muro "como unha medida de seguridade para os usuarios do centro".


A intención do Ministerio de Fomento e Audasa de levantar un muro de formigón nos terreos expropiados do CEIP Igrexa de Chapela para que os posibles vehículos accidentados no novo carril da AP-9 non invadan as instalacións educativas, é cualificado por AER como un despropósito asumido unha vez máis polo goberno local de Redondela. Critican que dende a alcaldía vendan este muro "como unha medida de seguridade para os usuarios do centro".


Pola contra, a agrupación de electores asegura que a construción do muro "tan só é un parche de cara a abrir a autoestrada canto antes, asumindo o custe social que Audasa, Fomento e o goberno local consideren necesario permitindo que mestres e alumnas estean en clase durante dous ou tres anos lindando literalmente co novo carril".


Así pois, AER ten claro que as demandas do Concello de Redondela e colectivos sociais de Chapela en relación ao colexio Igrexa, teñen que ser enfocadas na urxencia inaprazable da construción do novo edificio e, mentres tanto, a non apertura do novo carril da autoestrada ata que o traslado do colexio se faga efectivo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: