www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Mala xornada para o balonmán local cunha única vitoria do Rodosa Chapela na Cañiza
Deporte • 16/01/2017
Autor: Ana Prieto

Na Primeira Nacional os de Fran Teixeira impuxéronse ao Saeplast Cañiza nos últimos minutos, mentres que a SAR Plastic Omnium perdía na pista do Novás. Na Honra Prata Feminina tanto SAR Rodavigo como Cíes Chapela perderon ante Pereda e Carballal, respectivamente.


Primeira Nacional


Saeplast Cañiza 23-26 Rodosa Chapela


O Saeplast Cañiza levou o control do partido durante case todo o encontro. Foi só a falta de seis minutos para o final cando os de Fran Teixeira conseguiron darlle a volta ao marcador e gañar por unha pequena renda. Na próxima xornada comeza a segunda volta como visitante na pista do Granitos. O Chapela, que agora é 4º, é o favorito para a cita toda vez que o rival se sitúa no pozo da táboa.


Acanor Novás 29-20 SAR Plastic Omnium


Os de Carlos Rey non foron quen de seguirlle o ritmo aos anfitrións, que pouco a pouco foron conseguindo unha renda que souberon administrar ata o final do encontro. A SAR baixa así á 10ª praza, e comezará a segunda volta no pavillón do Porriño, 3º na táboa.


División de Honra Prata Feminina



Pereda 27-23 SAR


A SAR Rodavigo saíu derrotada da súa visita á pista do Uneatlántico Pereda logo dun longo desprazamento. O resutlado déixaas un posto máis abaixo na táboa, agora son sextas, mentres as cántabrras pelexan por meterse nos postos de ascenso. Desde os comezo as anfitrioas presionaros máis, e foron ao descanso cunha vantaxe de cinco goles, que as de "Chini" lograron reducir. Pero non houbo tempo xa para tentar o empate. Na próxima xornada reciben en Redondela ao Valladolid, 10º clasificado.


Rodosa Chapela 22-25 Carballal


As de "Lupo" seguen coa racha negativa e sen sumar puntos, o que lle complica cada vez máis a permanencia. O Carballal comezou dominando, e chegou cunha vantaxe de cinco a falta de dez minutos. Pero as de Chapela tiraron de garra e conseguiron un parcial 5-1 para ir ao vestiario perdendo só dun gol. Pero na segunda parte as viguesas aproveitaron os erros das de Chapela, con varias perdas de balón e lanzamentos que ían por fóra, e volveron ampliar distancias. O Chapela, penúntimo do grupo, xogará na pista do Palencia, da metade da táboa.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: