www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

O profesor de historia David Faro fala en Chapela dos "Alicerces da identidade europea"
Cultura • 12/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os Amigos das Bibliotecas de Redondela organizan esta semana unha nova actividade orientada a público adulto. Será o venres 13 ás 20:30 horas na sala de exposicións do Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Os alicerces da identidade europea é o título da charla que impartirá o profesor de historia David Faro.


Nesta conversa falará das bases que, ao longo da historia, deron para fraguar unha unión monetaria, primeiro, e política, despois, que aínda está en construción. Jerónimo Pomares, coordinador dos clubs de lectura das bibliotecas presentará ao convidado desta xornada e moderará o debate. A entrada é libre e gratuíta.


Como complemento a esta actividade dende a Asociación propoñen a lectura de dous textos moi breves: o Prólogo de Mario Vargas Llosa en "La idea de Europa", de George Steiner e o fragmento de "Occidentalismo", de Ian Buruma e Avishai Margalit, que poden solicitarse no mostrados das bibliotecas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: