www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

A loita veciñal polo traslado do Alfageme a Coia chega ao Multiúsos
Sociedade • 11/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiúsos da Xunqueira acolle esta tarde ás 20:00 horas unha charla e proxección do documental sobre a instalación do barco Bernardo Alfageme na rotonda do barrio vigués de Coia.  Un vídeo que conta os meses de loita veciñal, o traslado do buque a Coia e a represión policial así como a situación de Diego, un veciños que participou nas mobilizacións e que se enfronta o vindeiro día 17 a un xuizo por estes incidentes. Unha activiade organizada polas Marchas da Dignidade


O vídeo narra a oposición dun grupo de persoas contra o establecemento da embarcación na Avenida de Castelao e o seu rexeitamento por entender que se trataba dun gasto innecesario e inxustificable cando no barrio había outras moitas necesidades. O documental repasa o traslado, pola noite, do barco a Coia ata que acabou alí logo de ser escoltado por axentes antidisturbios e policías locais, dende Beiramar.


Ademais do vídeo celebrarase unha charla para abordar a situación de Diego que o vindeiro día 17 enfróntase a unha petición de 3 anos de cárcere polos incidentes malia que o Ministerio Fiscal nega que houbese delito algún e pide arquivar o caso por falta de probas.


Un acto aberto que se desenvolverá esta tarde ás 20:00 horas no Multiúsos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: