www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Pequenos Xigantes ofrece unha xornada de xogos para os máis pequenos
Sociedade • 10/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Traballar para dinamizar a vida comunitaria é o obxectivo deste grupo de mozos e mozas que nos últimos meses se están a organizar na parroquia do Viso. Logo de semanas de reunións para fixar obxectivos e principios, teñen xa en marcha diferentes actividades, a máis inmediata unha xornada de xogos orientada a cativos de entre 2 a 6 anos que se vai celebrar na antiga escola de Tuimil na Casa da Cultura do Viso na tarde do vindeiro sábado.


Co fin de que os rapaces se coñezan, o pasen ben e fagan novos amigos, esta asociación xuvenil integrada por mozos e mozas de entre 14 e 26 anos organizan unha tarde de convivencia con contacontos, pintacaras, adiviñanzas, cancións e xogos variados. Unha "Kids Party" gratuíta e aberta a todos os que queiran participar, aínda que con inscrición previa a través de wassap no teléfono 622608278. A información que se precisa son os datos do participantes (nome, idade, teléfono de contacto) que tamén se poden enviar ao correoasoc.xuv.pequenosxigantes@gmail.com


De cara ao futuro e afondando na idea de fomentar a cultura e a socialización entre os máis pequenos contemplan a realización doutras actividades como apio escolar, teatro ou cociña.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: