www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Concentración contra a violencia de xénero
Cultura • 9/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A praza do concello acolle esta tarde ás 19.00 horas a concentración convocada mensualmente dende a Concellería da Muller e Igualdade co obxecto de amosar a repulsa dos veciños cara a violencia contra as mulleres. Neste mes de xaneiro o Centro cultural de Vilar de Infesta será o encargado do texto que se lerá durante o acto.


Esta iniciativa, ideada e consensuada polo Consello Municipal da Muller no que participan colectivos de mulleres redondelás, partidos políticos e sindicatos, ten como obxectivo aumentar a visibilidade deste tipo de violencia e tamén sensibilizar á poboación sobre que a eliminación destas condutas violentas contra a muller, depende de todas e todos. Tamén se quere mostrar a repulsa da cidadanía redondelá cara a violencia de xénero e o seu apoio a todas as persoas vítimas desta lacra social.


O acto, que se desenvolverá hoxe luns 9 de xaneiro na praza do Concello ás 19.00 horas, incluirá ademais da propia concentración a lectura dun texto que será colleita, neste mes, do Centro cultural de Vilar de Infesta. E como símbolo se gardará un minuto de silencio e se procederá a colocación dunha lona en contra da violencia de xénero no balcón do Concello dende primeiras horas do día.


O Concello de Redondela e os membros do Consello Municipal da Muller convidan á cidadanía redondelá a participar cada mes nesta concentración mostrando así o seu rexeitamento contra a violencia de xénero e calquera outra forma de violencia e a súa concienciación da loita contra esta lacra social.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: