www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

O Campito castiga ao Verín, un dos equipos fortes da liga
Deporte • 9/01/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo de Chapela foi claramente superior no encontro disputado na fin de semana no pavillón da parroquia. 8-0 foi o resultado do partido co que o Campito arranca o ano. Peor lle foron as cousas ao Arealonga, que caía por 6-2 na súa visita ao campo do Valladares Globalmar.


Bo inicio do ano para o Campito que non deu oportunidade ao seu rival, malia tratarse dun dos equipos fortes da Autonómica Sur. Vencía o equipo de Chapela por 8-0. Agora son oitavos do grupo e a próxima cita, na fin de semana do 21 de xaneiro, levaraos a un campo difícil, o da Quinta de Tui, terceiro clasificado.


Pola contra non saíu ben parada o Arealonga na súa visita ao campo do Valladares, perdían por 6-2. Dentro dun par de semanas xogarán na casa e recibirán ao cuarto, o Verín. Un equipo o Arealonga moi necesitado de puntos, actualmetne atópanse nos postos baixos da táboa, na que son decimo cuartos.


Finalmente o Redondela non xogou ao aprazarse a súa cita co Abetos Gondomar. o próximo encontro será no campo do Ourense Mariñamansa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: