www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

O Redondela F.S. confía en escalar ata os primeiros postos da táboa na Liga Galega Sur
Deporte • 3/01/2017
Autor: Ana Prieto

Malia que actualmente ocupan a novena praza do grupo, no club confían en remontar posicións na segunda volta da competición. O adestrador, Manuel Otero, sinala que a liga está "moi igualada" e confía en que a recuperación dalgúns xogadores lesionados lles permita avanzar posicións.


O técnico recoñece que, malia que compezaron ben a liga, ao longo das xornadas o equipo viviu moitos "altibaixos". As numerosas baixas do equipo, que chegou a sumar cinco lesionados de maneira simultánea, prexudicou as aspiracións do club. Tamén o "exceso de confianza" vivido a veces no vestiario lles provocou algún "revés" nunha liga que está "mo igualada". Logo do descanso de Nadal, e xa coa maioría dos xogadores recuperados das súas lesións, volven á competición. Farano unha semana máis tarde que o resto de equipos. A xornada 15º dispútase esta fin de semana e aos redondeláns tócalles visitar a pista do Abetos Gondomar. Pero a petición dos anfitrións, que presentan moitas baixas, van adiar o encontro unha semana. Xogarase o sábado 14, aproveitando a xornada de descanso da liga. En Redondela preparan o encontro coa máxima concentración, sabedores de que se trata dun duro rival. Ocupa a quinta praza do grupo, e malia os cambios que presentaron esta temporada, é un combinado que presenta unha defensa moi sólida. No caso de que persistan as baixas no combinado redondelán, Otero convocará a algún xogador do equipo xuvenil. Esta temporada ata media ducia de rapaces se estrearon xa co primeiro equipo. De feito, a aposta pola canteira é "fundamental" para o técnico, que premia así o traballo dos máis novos.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: