www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Redondela brilla na Gala do Fútbol Feminino
Deporte • 2/01/2017
Autor: Ana Prieto

As xogadoras de Redondela Paula Encinas "Pauleta" e Ana González "Anita" estiveron entre as premiadas na gala que congregou en Ribadumia a unhas trescentas persoas. A pontevedresa Mari Paz foi outra das triunfadoras.


A redondelá Pauleta, ex xogadora do Olivo, levou un total de tres galardóons: mellor promesa, mellor mediocentro dereito do Grupo 1 de Segunda División e mellor galega da mesma categoría. Pola súa banda, Mari Paz recibiu o trofeo de mellor xogadora galega da pasada tempada. Outra das premiadas foi a gardameta redondelá Anita González, mellor porteira galega de Segunda. Outras premiadas foron as ex xogadoras do Olivo Andrea Mirón, Clo e Joana, que xunto a Pauleta e Anita, formaron parte do once ideal galego da tempada. Pauleta vén de renovar co S.C Braga, no que comparte vestiario con moitas galegas, mentres que Anita é gardameta do Deportivo da Coruña, que actulamente ocupa a segunda praza na Segunda División Feminina.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: