Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Maxia en familia con Chrystian Magic
Cultura • 29/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Un ritmo trepidante no que se suceden os números clásicos cos máis actuais aderezados cunha divertida retranca é o que nos propón o mago Chrystian para pasar a tarde do venres. Unha representación que se poderá ver o día 30 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. O prezo das entradas é de 5 euros os adultos, 3 euros os nenos. Unha actividade enmarcada dentro da programación de Nadal que organiza o Concello de Redondela.


Números clásicos como os de escapismo, nos que o mago tentará liberarse dunhas esposas, ou facer desaparecer obxectos a vista do público son algunha das propostas que nos deixa este espectáculo no que a maxia sucederase a ritmo vertixinoso e no que o público formará parte do espectáculo colaborando activamente.


Unha proposta familiar "para público de 3 a 99 anos" que chega mañá a Redondela da man do mago Crystian enmarcado dentro da programación do Nadal  que despedirá o ano coa visita da Coca Simona, personaxe que paseará polas rúas da vila na mañá do sábado en horario de 11:30 a 13:00 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: