www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Bas non asistirá á xunta de goberno da Área Metropolitana que cualifica de “teatro de Caballero”
Política • 28/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O alcalde de Redondela confirma que non asistirá a Xunta de goberno da Área Metropolitana convocada para mañá e na que está previsto que se nomeen aos grupos políticos, os vicepresidentes e se comecen a planificar investimentos e cesión de competencias. Argumenta Javier Bas que o alcalde vigués incumpre o convenio asinado coa Xunta no que respecta ao transporte metropolitano e que non ten sentido "seguir dando pasos no desenvolvemento dun área que vai ser ficticia".


Bas súmase así á postura do PP quen xa confirmou que ningún dos seus alcaldes acudirá a reunión de mañá por considerar que a reunión constituinte da área, celebrada o pasado 1 de decembro, estivo cargada de irregularidades. De feito, os populares levantáronse desa sesión e o ente supramunicipal constituíuse con ausencia dos representantes do PP.


O partido mantén a súa postura e reitera que estará ausente na xunta de goberno convocada para este xoves. Javier Bas argumenta que o motivo da súa ausencia responde "aos incumprimentos do alcalde de Vigo ao seu compromiso de sumarse ao transporte metropolitano, incumpre algo que está recollido explicitamente no convenio e asinado polo propio Caballero e seguir dando pasos no desenvolvemento dun área que vai ser ficticia non ten sentido".


Os populares insisten na idea de que un Área que non ten a Vigo incorporado ao Plan de transporte Metropolitano non ten razón de ser.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: