www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

O británico Arthur Rackham pecha a exposición bibliográfica "O libro ilustrado, imaxes que contan"
Cultura • 26/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Exposición bibliográfica "O libro ilustrado: imaxes que contan" organizada pola Fundación Filomena Rivero Alonso e as Bibliotecas Municipais de Redondela, remata o seu percorrido polos grandes nomes da ilustración, co británico Arthur Rackham, un dos grandes mestres na historia desta disciplina. As biblitoecas teñen aberto o prazo de participación na elección do mellor libro do 2016.o


Esta actividade de mostras bibliográficas, que vén desenvolvéndose ao longo de todo o 2016, foi gañadora dun premio do Ministerio de Cultura e unha do grupo das mellor valoradas pola Comisión de Evaluación do devandito premio, a través do cal se galardoan os mellores proxectos  de dinamización lectora  nas bibliotecas.


A exposición xa se pode visitar na entrada do edificio Multiúsos de Redondela, no Espazo Aberto, ata o 10 de febreiro de 2017.


Despois do éxito da exposición sobre Edward Gorey en Redondela, o Multiúsos de Chapela acolle agora a mostra bibliográfica de tan singular autor. Gorey, mestre da ilustración macabra pero chea de elegancia e fino humor negro estará no recibidor do auditorio do Multiúsos de Chapela ata o 24 de Febreiro.


Por último lembrar que as Bibliotecas convidan, un ano máis,  aos seus usuarios a elixir O Mellor Libro do Ano 2016. Os lectores votarán ata o 9 de xaneiro  polo seu libro preferido dentro da  produción editorial deste ano: libros que se publicaron de xaneiro a decembro de 2016, en calquera lingua e dentro de calquera xénero literario. Entre os participantes, tanto infantís como adultos, de cada biblioteca,  farase o sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, O  único requisito para participar é ser socio das bibliotecas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: