www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Torneo de Nadal no Centro Cultural de Redondela para inaugurar as remodeladas instalacións
Sociedade • 23/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A directiva da entidade quere dar a coñecer a pista de herba artificial acondicionada nos baixos do edificio e que permite aos usuarios a práctica de deportes como o tenis, fútbol e balonmán. Por ese motivo organizan na vindeira semana o I Torneo de Nadal Multideporte no que poden participar rapaces de entre 4 e 16 anos. E sen límite de idade organizan este venres un campionato de xadrez en colaboración coa asociación galega deste deporte.


O Centro Cultural de Redondela abrirá as súas portas hoxe venres a todos os interesados en facerse socios e participar nos torneos deportivos que se desenvolverán a próxima semana na pista de herba artificial recentemente instalada na primeira planta do edificio. Os torneos que terán lugar nas instalacións son de tenis, fútbol 3 e balonmán 3. O presidente do Centro Cultural, Daniel Virulegio, insiste na idea de abrir a entidade a toda a cidadanía e colaborar na promoción da cultura e o deporte, polo que tamén este venres organizan no centro o I Torneo de xadrez, de 17 a 18.30 horas, que continuará a semana próxima.


E xa máis vinculado con estas datas, Virulegio anima aos veciños a "coñecer os salóns do centro" e achegarse aos bailes de Fin de Ano e Reis, aos que tamén poderán asistir non socios.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: