Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Últimas prazas para participar na I Carreira Popular de Nadal
Deporte • 23/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Máis de 200 persoas xa se inscribiron para participar este sábado na carreira solidaria que a partir das 17:00 horas percorrerán o centro de Redondela. Unha proba organizada polo Club de Atletismo CAR en colaboración coa concellería de deportes aberta a público de todas as idades, e ten carácter festivo e popular. Co gallo da cita organízase unha recollida de xoguetes novos, co obxectivo de que todos os rapaces de Redondela poidan xogar este Nadal.


O número de prazas está limitado a 250 polo que dende a organización animan a se inscribir cando antes a través de www.redondela.gal, presencialmente no departamento de deportes do Concello ou na zapatería Susuela.


O circuíto será urbano, con saída e meta diante do Concello, e chegará desde a zona da explanada de Seragua ata a praza da Farola, con dúas voltas ata completar un percorrido duns catro quilómetros. A proba finalizará ás 17:50 horas.


Habilitarase unha recollida de xoguetes novos para que toda a rapazada redondelá poida xogar este Nadal. As persoas participantes contarán cun seguro individual de accidentes deportivos. Ao remate da proba haberá chocolate quente para todos os participantes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: