www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Alertan do perigo de esvaróns no casco vello de Redondela
Sociedade • 21/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG solicita "a posta en marcha dun plan de limpeza para evitar caídas en rúas, calellas e escaleiras empedradas marcadas polo seu desnivel, por onde transita diariamente numerosos veciños e veciñas e que están cheas de musgo". Unha limpeza que debería incluír dende o entorno da rúa Alfonso XII, rúa Ribeira, Praza da Constitución, cara á parte alta da Vila (rúa Prata, Esfarrapada, zona de Eidos e entorno da Igrexa).


O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González demanda do concello a posta en marcha dun Plan de Limpeza para "unha parte importante do Casco Vello" co obxecto de evitar posíbeis esvaramentos de peóns, en rúas, calellas e escaleiras empedradas cun desnivel pronunciado. Lembran os nacionalistas que "o inverno é propicio para que aumente o risco de caídas, ao predominar as zonas sombrías e a proliferación de musgo nos empedrados".


Unhas rúas que son transitadas a diario por numerosos veciños e veciñas, que se desprazan dende a parte alta ata a máis baixa de Redondela para realizar diversas actividades da súa vida diaria. "Moitas delas son persoas maiores que teñen que pasar en ocasións por zoas esvaradías. Pretendemos que se eviten situacións potencialmente perigosas" sinala.


Para o BNG este Plan de Limpeza do Casco Vello, debería realizarse preferentemente con maquinaria a presión aínda que engaden que deben ser os técnicos municipais os que diten a mellor das solución "para que se realice un plan axeitado co fin de evitar actuacións agresivas sobre o patrimonio como ten sucedido noutras ocasións".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: