www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Un Nadal para experimentar
Sociedade • 21/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Aberto o prazo de inscrición para participar nas actividades deseñadas pola Concellería de Educación de Soutomaior para as vacacións do Nadal. Este ano a proposta versa sobre ciencia, arte e tecnoloxía. Dun xeito lúdico os rapaces e rapazas poderán achegarse a todos estes temas e descubrir moitas cousas a través da experimentación e da creación. As actividades van dirixidas a persoas de 4 a 17 anos e son distintas en función da idade de cada grupo de participantes e impartiranse os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 horas.


Haberá diferentes grupos por idades. Os máis pequenos, de 4 a 7 anos centrarán as súas actividades na creación de aeronaves e avións, inventos, experimentos científicos e cociña robótica. No grupo xuvenil que abarca as idades de 8 a 11 anos aprenderáselles inventos con historia, realizarán experimentos científicos, cociña robótica, modelado3D e programación con CODE.


Os de maior idade, que van dende os 12 aos 17 anos coñecerán tamén o modelado 3D e a programación con Code ademais de realizar experimentos de maior complexidade.


As prazas limitadas por grupo son 20 como máximo e o obradoiro impartirase os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro en horario de 11,00 a 13,00 h. O custe por participar nestas actividade é para empadroados-as 5 €;e para non empadroados-as 15€


Máis información e inscricións na OMIX de Soutomaior, no Multiusos de Arcade ata cubrir prazas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: