www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 31 de Maio de 2020

150 nenos participan da ludoteca municipal en 8 parroquias do Concello
Institucional • 15/07/2009
Autor: M. X. Queimaliños

A iniciativa, financiada pola Concellería de Benestar Social e Igualdade, está xestionada pola ludoteca Parruliños e promove a educación en valores e os xogos tradicionais


As parroquias contan con este servizo durante os meses de xullo e agosto e no mesmo poden participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos.
O número de rapaces que asiste de xeito continuado á ludoteca, que funciona nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cidadelle en Chapela, O Viso, Santo Estevo de Negros, Ventosela e Vilar ascende a 150, cifra que segundo explicaa responsable da ludoteca Parruliños, Mónica Cabaleiro, vaise incrementando "grazas ao boca a boca".
A ludoteca desenvólvese en horario de mañá os luns, martes e xoves dende as 11:00 ata as 13:00 horas, dúas horas nas que os cativos realizan actividades como manualidades, obradoiros e xogos tradicionais.
Para participar da actividade, que é de balde, os menores só teñen que acudir aos centros culturas e veciñais das parroquias participantes.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: