www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Interior recomenda prudencia para evitar aos carteiristas na feira de mañá
Sucesos • 20/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O edil Arturo González lembra que na pasada feira do día 6 de decembro malia o incremento de presenza policial foron 16 as persoas que presentaron denuncia tras serlles subtraída a carteira. Os ladróns efectuaron estes roubos nun curto período de tempo, entre as 12 as 13:30 horas e non se descarta que volvan actuar mañá, data na que se espera unha nova feira multitudinaria pola proximidade das celebracións do Nadal.


En hora e media estes profesionais do roubos fixéronse aló menos con 16 carteiras. Poderían ser incluso máis os afectados pola acción dos carteiristas xa que hai veciños que non chegan a presentar denuncia. Dende o Concello lembran que malia o incremento de vixilancia os delincuentes son auténticos profesionais e actúan amparados pola multitude que se aglomera no mercadiño.


Por ese motivo aconséllase seguir unha serie de recomendacións básicas como levar a mochila e o bolso sempre na parte dianteira, ben pegado ao corpo e pechado con cremalleiras. Tamén levar enriba o imprescindible e evitando grandes cantidades de cartos en efectivo. Por suposto, non gardar carteiras, móbiles e outros obxectos de valor nos petos traseiros dos pantalóns e procurar facelo en petos internos das cazadoras. Finalmente recomendase permanecer atento a todos o que pasa ao noso arredor e alerta no caso de ver algún comportamento sospeitoso


O obxectivo é que a de mañá sexa unha agradable xornada de compras na que non teñamos que lamentar ningún roubo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: