www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

Recollida de xoguetes nos Multiúsos e no pavillón da Marisma
Sociedade • 20/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Servizos Sociais ten en marcha o programa de recollida de xoguetes nos Multiúsos de Redondela e Chapela ata o vindeiro 2 de xaneiro. Tamén o Grupo Casa Paco retoma nestes días a súa campaña de recollida de alimentos e xoguetes que se prolongará ata o vindeiro día 23 no Pavillón da Marisma.


O Grupo Casa Paco 81 ten en marcha até o próximo día 23, unha recollida solidaria de alimentos non perecedoiros, tapóns e xoguetes para a asociación de persoas con necesidades especiais Andaina e Cáritas de Redondela. Todas as persoas que queiran participar nesta iniciativa poden levar as súas achegas a novo pavillón municipal da Marisma en horario de tarde.


No caso do Concello, a recollida de xoguetes finalizará o día 2 de xaneiros e convídase a todos os veciños que teñan xoguetes en bo estado e que xa non usen a colaborar nesta iniciativa deixándoos no Multiúsos da Xunqueira e no de Chapela. os xoguetes serán repartidos entre os nenos das familias usuarias de Servizos Sociais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: