www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Maio de 2018

Atracan a punta de pistola a oficina de correos e fanse cun botín de 12.000 euros
Sucesos • 15/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Dous individuos entraron na oficina de correos de Chapela, situada nas inmediacións do Instituto da parroquia e fixéronse cun botín de 12.000 euros. Os feitos, que están sendo investigados pola Policía Nacional, tiveron lugar o venres da pasada semana pero non transcenderon ata o de agora.


Pasaban das dúas da tarde do pasado día 9 cando dúas persoas entraron na oficina de correos de Chapela, un deles ocultando o seu rostro cun casco de moto. Unha vez dentro sacaron unha pistola coa que ameazaron á empregada e máis ao director da oficina, esixíndolles que lles entregaran os cartos da caixa. Fixéronse así cun botín de 12.000 euros e fuxiron do lugar. 
Unha semana despois descoñécese quen foron os autores do atraco aínda que o suceso foi xa denunciado e está sendo investigado pola Policía Nacional. 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: