www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Outubro de 2018

Últimos días de prazo para o pagamento da recollida do lixo e os vados en Redondela
Institucional • 15/12/2016
Autor: Ana Prieto

O próximo luns, 19 de decembro, remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos da taxa pola recollida do lixo, a taxa por entrada de vehículos e da taxa pola reserva da vía pública dos taxis neste exercicio 2016.


Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio os recibos para poder facer o pago nalgunha entidadees bancaria, poderán solicitalo na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela, na rúa Ernestina Otero, 35 . Tamén poden descargar o recibo dende a páxina web do Concello www.redondela.es, no apartado de recadación, e mesmo facer o pago "on line". Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremio regulamentarios.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: