www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Marcos Montes: "Recuperamos as boas sensacións"
Deporte • 13/12/2016
Autor: Ana Prieto

A vitoria do pasado domingo ante o Silva supuxo para o Choco moito máis que os tres puntos que lle permiten saír dos postos de descenso. Tamén supón un revulsivo anímico para o equipo, que lle permite seguir traballando coa seguridade de que as cousas "se están a facer ben". Con esa inxección de moral viaxa o domingo ao Barco para enfrntarse a un rival "que non está ao seu mellor nivel".


A goleada en Santa Mariña por 5-3 deixa tranquilidade na táboa clasificatoria e boas sensacións no equipo. O técnico, Marcos Montes, amósase satisfeito por ter superado a fochanca na que se afundían semanas atrás. Logo de sumar dez puntos nos últimos cinco partidos respiran "máis aliviados". Logo de atravesar unhas semanas "críticas" o equipo recuperou a confianza, e o técnico agarda que os resultados os acompañen no longo treito que queda de liga para asegurar canto antes o obxectivo da permanencia. Co optimismo que lle outorga esta xeira positiva de resultados viaxan o domingo a terras ourensás para medirse ao Barco, que non atravesa o seu mellor momento. Montes agarda que os redondeláns poidan aproveitarse desa racha negativa dos anfitrións, que contrasta coa liña ascendente do Choco. O partido será o o domingo no Municipal de Calabagueiros.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: