www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 20 de Maio de 2018

Denuncian a falta de material no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela
Política • 13/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Esquerda Unida denuncia que a austeridade orzamentaria aumenta o risco de afeccións para traballadoras e pacientes do CAPD de Chapela ao non contar co material axeitados para desenvolver o seu labor. Aseguran que os traballadores carecen de luvas suficientes e que os existentes son curtos e de calidade non acorde ás necesidades do centro. Tamén alertan da escaseza de empapadores e de uniformes. Unha falta de material que segundo Esquerda Unida "provocou recentemente que o persoal sufrise afeccións por enterobacterias".


Aseguran que 55 traballadores do centro se contaxiaron de gripe A, coa baixa correspondente (70 residentes afectados/as), o que supuxo para o persoal unha diminución de ingresos ao non estar considerada coma unha enfermidade profesional. É dicir, que hai unha diminución nos ingresos dos traballadores precisamente polo feito de ir traballar e contaxiarse. Unha situación que se debe ao entender de Esquerda Unida a unha neglixencia da administración ao non vacinar os seus empregados cando na súa actividade hai un risco elevado de contaxio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: