www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

O pianista Alejo Amoedo presenta o seu disco "Evocacións" sobre obras de Reveriano Soutullo
Cultura • 12/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O pianista Alejo Amoedo presenta esta semana o seu disco en Redondela con dous concertos que se celebrarán este martes ás 18:30 na Escola de Música de Chapela e ás 20:30 no Conservatorio Profesional Victor Ureña de Redondela. Un disco baixo o título "Evocación" no que recolle a obra para piano do gran compositor galego Reveriano Soutullo. Nunha coidada edición en tres corpos con numerosa documentación gráfica, este disco é froito do traballo de investigación realizado polo propio pianista.


Tras anos colleitando, investigando, estudando e divulgando a obra para piano do noso compositor Reveriano Soutullo (1880-1932), Alejo Amoedo decidiu plasmar os resultados nún CD que se titula "EVOCACIÓN". Nel van incluidas 20 obras do mestre, así como un libreto de 36 páxinas que inclúe presentación a cargo da presidenta da Fundación Soutullo, Rosa Arija e o catedrático da Universidade de Santiago, Carlos Villanueva; conta tamén cunha cronoloxía vital así como unha portada con debuxo artístico de Irene Silva, fotos e imaxes inéditas.


Como compañeiros de aventura e apoiando o proxecto, contou coa axuda imprescindible da editora Dos Acordes (Javier Jurado), Julio Alonso Monteagudo, Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e os concellos de Redondela e Ponteareas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: