www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O F.S. Arealonga quere reunir unha tonelada de alimentos no IV Torneo Solidario Cabeiriño
Deporte • 12/12/2016
Autor: Ana Prieto

O club de fútbol sala Arealonga prepara a nova edición do Torneo Solidario Cabeiriño, que se disputaráe entre os días 26 e 30 de decembro. A cita será no pavillón municipal de Cabeiro, e nel participarán rapaces e rapazas de entre 5 e 15 anos de idade.


O prazo de inscrición está aberto, e os organizadores teñen previsto que participen máis de 30 clubs, tanto de Redondela como doutros puntos da bisbarra durante os cinco días que dura o torneo. Iván Vázquez, presidente do Arealonga, salienta a colaboración que reciben dos veciños para organizar este torneo, co que pretenden unir "deporte e solidariedade" durante nas vacacións de Nadal dos escolares. Cada xogador deberá achegar dous quilos de comida non perecedoira para participar no torneo, que despois será donada polo club a Cáritas Redondela. En edicións anteriores chegaron a reunir uns 800 quilos de alimentos, e este ano propóñense chegar ata a tonelada.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: