Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Agosto de 2018

O Campito bate ao Manzaneda, o Arealonga empata e o Redondela cae ante o Mos
Deporte • 12/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Derrota do Redondela FS por 4-3 cun controvertido penalti co tempo cumprido. Mellores resultados para os equipos de Chapela, cun empate do Arealonga na súa visita a Ourense e unha clara vitoria para o Campito por 7-2 ante o Sporting Manzaneda.


O Campito faise así con tres puntos moi importantes malia xogar con seis baixas que deixaban ao equipo moi tocado. Catro xuvenís cubriron os postos dos titulares amosando un bo estado de forma e logrando facerse co partido que remataba cun 7-2 no marcador a favor dos locais. O Campito ascende a novena praza da categoría e desprázase na vindeira fin de semana ao Cuvi. Encontro difícil ante o Lume FS Corbatas, segundo na táboa.


O outro equipo de Chapela, o Arealonga xogaba en Ourense co Mariñamansa e malia xogar cun dos equipos máis febles do grupo non foi quen de pasar do empate a cinco tantos. Na próxima semana xogan na casa, reciben ao Beade.


O peor parado da xornada foi o Redondela que caía derrotado por 4-3 ante o Alonso Serodio Mos cun controvertido penalti pitado xa co tempo cumprido. Bo encontro du equipo ao que non lle acompañou a sorte con dous tantos de Juan Puerta e un de Vidal.


Cita difícil a que deberán resolver o próximo sábado, Xogan no pavillón novo de A Marisma e reciben ao líder da categoría, As neves.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: