www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

O parque infantil do Campo da Feira aparece cheo de pintadas
Sucesos • 9/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

As pintadas, que afectan principalmente á caseta e a algúns dos elementos do xogo, teríanse producido na madrugada de hoxe sen que polo de agora se coñeza a identidade dos seus autores. O Concello fai un chamamento á colaboración cidadá para que se poida dar cos culpables. Explica o edil de interior, Arturo González, que malia non ser a primeira vez que se produce un acto vandálico destas características si é o máis grave pola superficie danada.


O espazo máis danado por estas pintadas, que carecen de calquera valor estético, é o lugar que os pais e nais empregan para dar de merendar aos nenos, aínda que tamén algún elemento de xogo foi vítima destes vándalos. Localizar aos autores é difícil, pero dende o concello xa se trasladaron os feitos á Policía Local e presentarase denuncia ante a Policía Nacional. Fan un chamamento ademais a colaboración cidadá para que se achegue calquera información que poida servir para atopar ao autor ou autores destes feitos que son un atentado contra o patrimonio de todos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: