www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Neve, música e luces para dar a benvida ao Nadal na Alameda de Chapela
Cultura • 9/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A banda de música da parroquia será a encargada de amenizar un acto que se celebrará ás 20:00 horas de hoxe e no que non faltará a neve artificial e a Coca Simona, encargada de animar a tarde aos máis pequenos. Un pistoletazo de saída na programación de Nadal que o pasado mércores congregaba a numerosos veciños na praza do Concello e que hoxe desprázase a Chapela.


Xa na fin de semana arranca o domingo 11 a programación do Nadal no Multiúsos da Xunqueira cun festival de corais coa participación de sete agrupacións corais de Redondela. Haberá dúas sesións, unha ás 12:00 horas con presenza da coral da Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, a de San Esteban de negros, a coral A Raiña do Centro Cultural de Cedeira e a coral Alvedosa.


Pola tarde, a partir das 18:00 horas terá lugar un novo concerto no que participarán a coral Santiago Apóstol de Redondela, a coral Frol Nova de Chapela e a coral O Piñeiral de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: