www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Redondela estuda pedir xudicialmente a suspensión dos acordos do primeiro pleno da Área
Política • 5/12/2016
Autor: Ana Prieto

O alcalde de Redondela, Javier Bas, insiste na idea de que a constitución da Área Metropolina e o seu transporte "van ligados", e que o imcumprimento por parte do Concello de Vigo supón que a área "nace morta". O rexedor redondelán advirte que a integración do autobús urbano de Vigo suporía para os veciños de Redondela un aforro superior aos 500 euros anuais.


Esa é a diferencia de pagar os actuais 1,32 euros que custa a viaxe, en comparación co 0,86 que sería o prezo fixado nas tarifas do transporte metropolitano. Ante a falta de acordo por parte do alcalde vigués, Abel Caballero, os alcaldes e concelleiros do PP que o xoves tomaron posesión como representantes da asemblea da área Metropolitana de Vigo, abandonaron a sesión constitutiva deste órgano. O alcalde de Salvaterra, o popular Arturo Grandal, que presidía a mesa de idade, tratou de suspender o pleno ante as discrepancias sobre a posta en marcha da área sen a integración de Vigo no transporte metropolitano. No entanto, o secretario do pleno advertiulle de que non había "causa legal" para esta suspensión. Ante ese pronunciamiento, tanto Bas como os seus compañeiros de partido, levantáronse e abandonaron o pleno xusto antes de que Abel Caballero, alcalde de Vigo, presentase a súa candidatura para presidir a área Metropolitana. O alcalde redondelán anunciou que desde o Concello estudan a posiblidade xurídica de que os acordos adoptados nese pleno sexan declarados nulo. Bas defende que a súa actuación non é partidista, senón que defende "os intereses dos redondeláns", xa que todos os veciños da área deben ter un trato igualitario e pagar o transporte en todos os municipios ao mesmo prezo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: