www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Decembro de 2018

O Choco segue en positivo
Deporte • 5/12/2016
Autor: Ana Prieto

A de onte foi a terceira semana consecutiva en positivo para o Choco, cun empate en Santa Mariña ante o Compostela. Con sete puntos dos nove en xogo, os de Marcos Montes mantéñense fóra dos postos de descenso, e esta semana preparan o encontro que o domingo os enfrontará ao Bergantiños.


Terceira División


Choco 1-1 Compostela


O equipo de Marcos Montes saiu concentrado ao terreo de xogo, coa intención de ter o balón e chegar á área contraria. E pronto chegou o primeiro gol local. No minuto 5 unha asociación de Óscar Pérez e Rober na frontal do área permitiulles superar a Lucas Díaz con gol de Rober. Pero 10 minutos máis tarde, un errol dos redondeláns permitiu o empate. Lucas equivocouse ao intentar iniciar a xogada e Mitogo asistiu a Tomás Abelleira, que aproveitou a acción para superar a Cortegoso no man a man. Logo, ata o descanso, ocasións para ambos equipos, con máis perigo as do Compostela. Despois do paso por vestiarios mellorou a versión local. Saíron con máis posesión. Xa no tempo engadido o Choco pediu un penalti ao entender que un disparo de Silva fora desviado polo brazo dun defensor, pero o colexiado non apreciou nada. O resultado deixa ao Choco cunha renda de dous puntos sobre o descenso. Na próxima xornada visitan o campo do Bergantiños, tamén na metade baixa da táboa.


Choco: Cortegoso, Gonzalo, Yago Vázquez, Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober, Gabi Misa (Juan Feijóo, min. 78), Félix (Comis, min. 62), Marcos, Óscar Pérez (Silva, min. 71).


Compostela: Lucas Díaz, Seoane, Cabrejo, Manu Rodríguez (Lamas, min. 15), Santi Taboada, José Vives, Gonzalo (Diego Rey, min. 84), Julián, Tomás Abelleira, Ubeira, Mitogo (Nogueira, min. 71).


Goles: 1-0, min. 5: Rober; 1-1, min. 16: Tomás Abelleira.


Segunda Autonómica



Tebra 3-4 Choco B


O filial do Choco superou ao Tebra, e mantén a terceira posición na táboa. O domingo disputan un partido importante para determinar as posicións na cabeza da táboa, xa que reciben ao Santa Mariña, segundo clasificado e que suma dous puntos máis que os redondeláns. De gañar, o Choco B daría un paso importante no obxectivo do ascenso.


S. Adrián 4-1 Arcade


O Arcade non puido cun San Adrián moi superior no seu terreo de xogo. Seguen na metade baixa da táboa, e o domingo reciben ao Cruceiro, que non quere descolgarse dos postos de cabeza.


Terceira Autonómica



Chapela 3-2 Teis


O Chapela fíxose co derbi comarcal nun apertado partido co Teis. A vitoria leva ao Chapela á segunda posición do grupo, a tan só un punto do líder, o Vincios. O próximo partido será no campo do Moledo, da metade baixa da táboa.


Nespereira 4-0 Peña Beretes


O Peña Beretes é o novo pechacancelas do grupo logo da derrota no campo do Nespereira. O domingo reciben ao Balaídos.


Casablanca 3-1 At. Vilar


Os de Vilar, afundidos na metade baixa da táboa, xogarán no campo do Casablanca, ao que adiantan en tres puntos.


Próxima xornada At. Vilar- Nespereira


Cesantes 1-0 Cotobade


O Cesantes, mantense como terceiro de grupo logo de gañar pola mínima ao Cotobade. Os redondeláns están empatados a puntos co segundo clasificado, e a dous puntos do líder, o Salcedo, que será o seu próximo rival.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: