www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Normalización organiza o espectáculo infantil O Aloumiño dunha estrela
Cultura • 2/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Un espectáculo de danza-teatro, con música en directo, a cargo da compañía AvouYouja que convida aos bebés de 0 a 4 anos de idade a interactuar a través dos estímulos sensoriais. A actividade, que se desenvolverá o próximo xoves 8 de decembro, é de balde pero cómpre inscribirse a través do correo electrónico normalizacion@redondela.es ou do teléfono 986400106.


A música, interpretada en directo, de "Claro de Lúa" (do compositor Claude Debussy), serve como fío condutor sonoro da peza, que tamén está complementada por temas da música tradicional galega.


O arquitecto e deseñador galego Leandro Lamas, construíu para o espectáculo unha estrutura domo con canas de bambú coa que crean as diferentes paisaxes que se suceden na composición.


O espectáculo celebrarase o xoves 8 de decembro, ás 18:00 h, no auditorio da Xunqueira, con entrada de balde, e está destinado a bebés, de 0 a 4 anos, que poderán acompañar dúas persoas adultas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: