www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

As marchas da dignidade de Redondela animan a participar na concentración de apoio a Emilio Cao
Sociedade • 1/12/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O mozo de Carballo foi detido no 2014 nunha manifestación en Madrid e enfróntase a unha petición de cárcere por presunta resistencia á autoridade. Este sábado 3 celébrase unha concentración na súa vila natal para pedir a súa absolución. Entenden que a petición da fiscalía, que reclama cinco anos e oito meses de prisión para Emilio, busca frear a mobilización social. Dende Vigo sairán autobuses para acudir a concentración, cun prezo de 6 euros ida e volta.


Unha manifestación percorrerá este sábado O Carballiño (Ourense) en apoio a Emilio Cao, o veciño deste municipio que foi detido nas Marchas da Dignidade en Madrid en 2014, co fin de reclamar a retirada de cargos e a libre absolución para un mozo ao que o fiscal pide cinco anos e oito meses de prisión.


Baixo o lema "Non á represión. Todos somos Emilio Cao", as Marchas da Dignidade concentraranse na localidade natal deste mozo de 18 que o 22 de marzo de 2014 participou xunto a miles de persoas nunha mobilización en Madrid, onde foi detido, do mesmo xeito que preto dunha trintena de persoas acusado de cargos como agresión a un axente, que nega, no marco dos disturbios ocorridos.


A protesta sairá da praza maior do Carballiño ás 12,00 horas do sábado, nunha manifestación que os organizadores prevén que sexa masiva. Lembrna dende as Marchas que "o caso de Emilio non é o único e sitúase no contexto da represión contra as protestas sociais agravadas pola Lei Mordaza. Mañá podería ser calquera de nós quen se sumaría aos milleiros de persoas represaliadas inxustamente".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: