www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Contacontos e charlas literarias
Cultura • 30/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela celebra este venres, 2 de decembro, unha sesión de contacontos, para nenos de 3 a 8 anos,  a cargo da  actriz e contadora asturiana Olga Cuervo; será ás 18:30 h. na sala infantil da biblioteca, con entrada libre e gratuíta. Na mesma xornada aínda que orientado a público adulto, organizan en colaboración coa Asociación de Amigos das bibliotecas unha charla coloquio para conmemorar o 400 aniversario de Cervantes. Será ás 20:30 horas na Casada Cultura.


Al abrigo de los cuentos é o título do contancontos que a actriz Olga Cuervo ofrecerá este venres ás 18:30 horas na Biblioteca municipal e que supón o inicio da tempada de Nadal. O abrigo é o protagonista desta historia, unha prenda de vestir da que sairán múltiples obxectos para contar diferentes historias.


Na mesma xornada, ás 20:30 a Casa da Cultura acollerá unha charla a cargo de Alexia D´Otras Bravo baixo o lema "Ficción, parodia e recreación en Don Quijote de la Mancha". Esta conferencia enmárcase dentro das actividades que se  levan a cabo con motivo do 400 aniversario da morte do autor de El Quijote e ten como tema central os episodios da corte dos duques e o aspecto teatral na segunda parte de Don Quijote.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: