www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

Os organizadores de festivais de música e artes escénicas poden solicitar subvencións ao concello
Cultura • 29/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Poden optar a estas axudas as asociacións e entidades sen ánimo de lucro que organicen festivais de música ou artes escénicas que se teñan desenvolvido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro deste ano. O concello destina a esta partida un total de 15.000 euros que será repartida entre os colectivos que cumpran os requisitos esixidos. O prazo de presentación da solicitude remata o día 9 de decembro.


Os beneficiarios da axuda teñen que estar inscritos no Rexistro Municipal de Asociación do Concello e ter realizo un festival de música e artes escénicas no que polo menos participaran tres artistas. As solicitudes para optar a esta subvención deberán ser presentadas no rexistro do concello antes do venres 9 de decembro. A axuda económica que se conceda en ningún caso superará os 3.000 euros ata un máximo dun 70% do importe xustificado e dependerá da puntuación acadada en base ao número de espectadores, antigüedade do evento, a realización de publicidade. 


Toda a información pode consultarse na páxina web www.redondela.es


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: