www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Alumnos do IES Chapela danlle voz ás vítimas da violencia de xénero
Sociedade • 25/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Mozos e mozas do Instituto de Chapela foron protagonistas no acto institucional celebrado na mañá de hoxe na praza do Concello co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha violencia que se exerce contra as mulleres polo feito de seren mulleres e que acontece en Birmania, India, Pakistán, China, República Dominicana... pero tamén preto de nós polo que animan ás vítimas a denunciar e instan a sociedade a implicarse na resolución dun problema que no que vai de ano deixa xa 40 mulleres asasinadas.


Redondela, como o restos dos concellos de toda Galicia, claman hoxe contra a violencia de xénero. No noso concello o departamento de Igualdade organizou un acto institucional que se desenvolvía ás doce do mediodía ás portas da casa consistorial e onde cobraron protagonismo os alumnos do Instituto de Chapela encargados de ler un manifesto no que fixeron un percorrido por diferentes formas de violencia que ao longo de todo o planeta as mulleres sofren polo feito de seren mulleres.


Un programa de actividades que se completa con diferentes proxeccións cinematográficas, tamén no venres ás 18:00 horas no Círculo Cultural deportivo de Cesantes coa película Tierra de Ángeles e o sábado ás 17:00 horas con La bicicleta verde na sede da asociación de veciños de San Esteban de Negros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: