www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Produtos a metade de prezo para celebrar o Black Friday
Sociedade • 25/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

As ofertas neste día de descontos promovido dende a Asociación de Empresarios e ao que se teñen sumado máis de 60 comercios de Redondela, suporán unha rebaixa de entre un 20% e ata un 70%. Cada comerciante presenta ademais produtos estrela que ofertará a prezos especiais nesta xornada que pretende animar as vendas nun mes tradicionalmente malo. Tendas de informática, moda, calzado, menaxe... todo tipo de produtos que tan só durante esta xornada presentarán descontos especiais. A información pódese seguir na aplicación móbil "Redondela de cerca".


Os negocios redondeláns optan por diferentes alternativas, dende os que seleccionan un grupo de produtos para rebaixalos pasando por aqueles que aplican un mesmo desconto á totalidade da súa mercancía ou os que establecen porcentaxes dependendo do produto elixido.


Ese é o caso da zapatería Doble L, quen nos promete produtos a metade de prezo e rebaixas xeralizadas en torno a un 20 e un 30% en calzados e bolsos


A moda é tamén outros dos sectores que máis se apunta a esta xornada de descontos. Dende a tenda Luis Varela as rebaixas serán especialmente  xenerosas, chegando incluso ata un 70%. O seu propietario José Luis Fernández explica que o seu caso é excepcional xa que está desfacéndose do stock por cambio de local


E un dos produtos estrela no Black Friday adoitan ser os relacionados coa novas tecnoloxías. Iso é o que esperan na tenda de informática SAT de Redondela que durante esta xornada ofrece móbiles a 80 euros, impresoras rebaixadas e descontos importantes nas tan de moda pulseiras de actividade física.


O certo é que a participación é masiva con máis de 60 comercios e para consultar cada unha das ofertas e promocións a Asociación de Empresarios ten en marcha unha aplicación móbil "Redondela de cerca" que estará plenamente operativa a partir de hoxe polo que xa poderemos consultar os comercios que participan do Black Friday e qué ofertas ofrecen.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: