www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

Un concerto de cine en Chapela para celebrar Santa Cecilia
Cultura • 24/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Banda de Música de Chapela presentará este sábado ás 19:00 horas un novo concerto baixo o título "Santa Cecilia de Cine e Música" para celebrar o día da patroa dos Músicos. Para este evento elixiron un repertorio de cine con bandas sonoras como o Rei León, Harry Potter, Star Wars e A vita e bella, entre outras. Ao tempo que soa a música destas películas proxectaranse diferentes escenas das cintas seleccionadas. Un concerto diferente destinado a toda a familia e no que se poderá apreciar a importancia da música no cine, e destinado a toda a familia.


O concertó estará dirixido pola batuta do director e compositor  Andrés Álvarez  que recentemente acudió a  gala dos premios Hollywood Music in Media Awards (HMMA) celebrada na noite do 17 de noviembre en el Fonda Theatre de Hollywood, Los Ángeles (California) para recibir a Mención de Honra pola súa composición Symphonic Sketches.


Ao finalizar o concerto, e como xa e tradicional nesta data, farase a presentación dos novos músicos que pasarán a formar parte da Banda de Música de Chapela.


A actividade, con entrada de blde, desenvolverase o sábado 26 ás 19:00 Horas no auditorio do Multiusos de Chapela, con entrada libre ata completar o aforo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: