www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

O Viso celebra a VII edición do Magosto Furtivo
Cultura • 24/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Unha xornada de convivencia, música e actividades deportivas para todas as idades que arrancarán o sábado ás 13:00 horas coa sesión vermut amenizada polo grupo Polisóns da Teixeira. Pola tarde haberá música tradicional e xogos populares, unha msotra de elaboración de augardente e castañas para os asistentes.


Este evento músico-tradicional organizado pola Sociedade Cultural do Viso, Tanto Nos Ten e o Colectivo Lúa Meiga, que se desenvolverá o vindeiro sábado 26 na parroquia de O Viso. Os Polisóns da Teixeira serán os encargados de arrancar a xornada ás 13:00h, para continuar cun xantar popular e xa pola tarde, con xogos populares e música tradicional e diversión da man de Follas Verdes, Anaquiños, Aluarado, Gaiteiros da Chan das Pipas, Peter Punk (pallaso), Volta e Dálle e o grupo Tanto Nos Ten. Contarase coa tradicional mostra de elaboración de augardente e moitas castañas para os asistentes.


Dende a organización convídase a toda a veciñanza a asistir e mesmo a colaborar deste evento diverso e atractivo para tódalas idades. Agradecen a colaboración da Deputación de Pontevedra, Concello de Redondela, A Tenda de Concha e Agro O Viso.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: