www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

"Estamos capacitados" unha campaña de Andaina para reivindicar o Día da Diversidade Funcional
Sociedade • 23/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O día internacional da diversidade funcional celébrase o sábado 3 de decembro e para conmemorar esta data dende a Asociación Andaina de Redondela poñen en marcha unha serie de iniciativas que buscan a participación de todos. Neste sentido convídannos a que fagamos unha foto cos brazos levantados e as mans pintadas e tamén a maiores amosando un cartel co leva "estamos capacitados".


A imaxe debese remitir por whasapp ao teléfono 698126334, ou por mail asociacionandaina@hotmail.com ou ao facebook da asociación, que se encargará de facer unha montaxe que difundirán o día 3.


Nesa xornada celebran tamén unha pequena festa no seu local con diferentes actividades.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: