Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O RedondelaFS vence ao líder
Deporte • 21/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Complicado partido o que lles deparaba o calendario ao Redondela FS, cunha cita co lider da Autonómica Sur, o Lume. Malia todo os de Manuel Otero lograron a vitoria cun gol de Dani no último segundo do partido. Vitoria tamén para o Arealonga por 5-3 ante o Alonso Serodio de Mos. Peor lle foron as cousas ao Campito, que non foi quen de vencer ao pechacancelas do grupo, O Celado.


Os de Chapela caían 5-3 na súa visita ao campo do Celado, equipo que malia ser o pechacacelas da categoría lograba facerse cos puntos en xogo. O Campito sitúase agora no decimo posto da clasificación e será o rival do Redondela na vindeira fin de semana. Un derbi ao que os de Redondela chegan situados no 8 posto e con forzas reforzadas logo da importante vitoria desta fin de semana. Xogaban na casa pero recibía ao líder do grupo, o Lume e fixéronse co partido cando tan só restaba un segundo e un gol de Dani desfixo o empate deixando o definitivo 5-4 no marcador.


Vitoria tamén para o Arealonga. Vencían 5-3 ao Alonso Serodio e xogan na próxima fin de semana fóra da casa, fano ademais cun dos equipos fortes, As Neves. Situados no terceiro posto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: