www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Setembro de 2018

Alén Nós pecha o ciclo de cine Memoria e vida coa proxección do documental "A volta dos nove"
Cultura • 16/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Un documental de Antonio Caeiro que recolle un suceso acontecido na comarca do Val Miñor. A historia arranca na actualidade e viaxa ata os inicios da guerra civil en outubro de 1936. Relata o asasinato de nove persoas a raíz dunha vinganza do comandante de Garda Civil de Baiona. A proxección terá lugar o venres 18 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.


Uns asasinatos que se producían nunha curva dunha estrada, lugar no que dende ese día e ata acabada a ditadura apareceron debuxadas nove cruces en lembranza dos falecidos. Malia seren borradas unha e outra vez continuaron aparecendo durante máis de corenta anos. A rodaxe comezou a realizarse no ano 2006 a partir de entrevistas a aquelas persoas que viviron o suceso, tiveron unha participación directa nel ou con familiares das vítimas.


Con este título Alén Nós pecha un ciclo que se ven desenvolvendo nas últimas semanas co obxecto de recuperar e difundir a memoria visual e histórica de Galicia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: