www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 17 de Novembro de 2018

O Campito vence na casa
Deporte • 14/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo de Chapela logrou facerse co partido correspondente a novena xornada na liga galega sur. 7-5 foi o resultado do encontro ante o Tui, única vitoria para un equipo local nesta fin de semana, xa que tanto Redondela como Arealonga caeron ante os seus respectivos rivais.


O Campito sitúase no décimo primeiro posto da categoría logo de vencer por 7-5 ao Tui nun encontro disputado en Chapela. O equipo podería mellorar a súa posición na táboa na vindeira semana xa que malia xogar fóra da casa faino cun equipo a priori moi máis feble, o pechacancelas do grupo, o Celado.


Peor sorte correron os outros dous equipos locais que militan na mesma categoría. O Redondela caía 5-3 ante o Sporting Manzaneda e o Arealonga perdía tamén na súa cita no campo da Quinta de Tui por 7-4.


O Arealonga xoga na próxima xornada con Alonso Serodio de Mos, equipos que se atopan na metade da táboa. Máis difícil vaino ter o RedondelaFS, que malia xogar no pavillón novo da Marisma e contar polo tanto co favor do público van recibir ao líder da categoría, o Lume.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: