www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

O premio de poesía Manuel Lueiro Rey confía en igualar o número de participantes de anteriores edicións
Cultura • 11/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Carmen Carreiro da Asociación de Veciños de A Laxe , organizadora do certame en colaboración co propio concello de Fornelos, entende que os premiados en anos anteriores como Silvia Penas (2013), Eli Ríos (2014), Luís Valle (2015) e Marcos Abalde (2016) abalan a calidade dun premio que serve para difundir a poesía e para dar a coñecer o propio concello a través da cultura. Confía en que o cambio de datas nesta edición non se traduza nun número menor de participantes.


A V edición do premio de poesía Manuel Lueiro Rey, mantén até o próximo día 15 o prazo de presentación dos traballos. Unha das novidades desta quinta edición é o cambio de datas, tanto da convocatoria como do fallo do xurado, que se dará a coñecer na primeira quincena de xaneiro. O premio está dotado con 2.500 euros e as bases poden consultarse na web do Concello de Fornelos: www.fornelos.com.


Poden concorrer a este certame as persoas que o desexen cos seus poemas escritos en lingua galega. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Para participar deberanse enviar 4 exemplares da obra mecanografados sen remite identificador ao enderezo:


V premio de poesía Manuel Lueiro Rey


Concello de Fornelos de Montes


Praza da Igrexa, 1


36847 Fornelos de montes (Pontevedra)


Ademais da contía económica o premio inclúe a publicación da obras gañadora en Edicións Xerais.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: