Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

30 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora na Avenida de Vigo
Institucional • 11/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

As obras consistirán na primeira fase de reurbanización da estrada ao longo de 1 km e incluirán a renovación das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns nesta zona do Mercado Municipal e da alameda. Tamén se actuará na intersección, onde se atopa o acceso a Pescanova, para facilitar a saída dos camións. O investimento ascende a 2,3 millóns de euros.


Un total de 30 empresas presentan as súas ofertas para a execución das obras de mellora da Avenida de Vigo. O investimento da actuación, que contempla a mellora da totalidade dos servizos urbanos: a rede de abastecemento, saneamento, alumeado e canalizacións eléctricas, ascende a 2,3 millóns de euros, do que case un 80% será achegado pola Xunta. O 20% restante, arredor duns 485.000 euros, que se corresponden co custo das melloras dos servizos de saneamento e pluviais, serán financiados polo Concello de Redondela.


As obras consistirán na primeira fase de reurbanización da estrada ao longo de 1 km e incluirán a renovación integral das beirarrúas, que serán ampliadas para facilitar o tránsito de peóns nesta zona que é moi concorrida, no contorno do Mercado Municipal e da alameda.


Cómpre lembrar que se trata dunha actuación, moi demandada e de grande importancia tanto para os veciños da rúa de Vigo, que contarán con beirarrúas máis anchas para facer os seus desprazamentos de xeito máis cómodo e seguro; como para os vehículos que cada día se achegan ata o mercado, que verán mellorado o acceso e reforzada a seguridade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: