www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O grupo de teatro Fonte da Tella representa "A media luz os tres" de Miguel Mihura
Cultura • 10/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A programación de Outonoteatro 2016, presenta este sábado á compañía de teatro afeccionado Teatro Fonte da Tella, coa obra "A media luz os tres". Trátase dunha adaptación, en clave de humor, da obra de Miguel Mihura, que conta as aventuras de Alfredo, un home solteiro que só pensa en conquistar mulleres, pero que co tempo comproba que a súa vida está chea de fracasos.


Miguel Mihura (1905-1977), é o gran mestre do teatro humorístico contemporáneo en España. Domina toda clase de recursos escénicos, enxeñosos diálogos, e representa un humor fino, sutil e tenro, que chega con facilidade a todos os espectadores.


Esta obra é unha divertida comedia chea de ritmo que trata temas tan universais como o amor, as relacións de parella, a infidelidade e, sobre todo, a soidade.


A función está recomendada para público adulto, e representarase o sábado 12 de novembro, ás 20:00 h, no auditorio da Xunqueira.


A entrada é de balde ata completar aforamento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: