www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O PP adxudica a limpeza dos edificios municipais a empresa Valoriza
Política • 10/11/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O voto de calidade do alcalde fixo posible a adxudicación ao non estar presentes no pleno extraordinario celebrado onte dous concelleiros de AER e a edil non adscrita Raquel Quintáns. Malia que toda a oposición votou en contra houbo empate con nove votos a favor (do PP) e 9 en contra (PSOE, AER e BNG), un empate que resolveu Javier Bas adxudicándose así este servizo por catro anos e catro millóns de euros a empresa Valoriza. No pleno de onte tomou posesión do seu cargo o socialista Isaac Araujo en substitución de Leticia González quen presentara a súa renuncia por motivos persoais.


O voto de calidade do alcalde fixo posible a adxudicación que se fará efectiva no mes de decembro. Valoriza pasará a encargarse da limpeza dos edificios municipais non vindeiros catro anos, prorrogable outros dous. O contrato ascende a 4 millóns de euros, uns 700.000 anualmente.


O acordo adoptouse nun pleno extraordinario celebrado onte e no que votaron en contra todos os grupos da oposición. Con todo, ao non estar presentes dous edís de AER nin a edil non adscrita Raquel Quintáns, produciuse un empate que resolvía o alcalde.


Os grupos da posición argumentaron a súa postura en contra por entender que se debe apostar pola remunicipalización dos servizos do concello, entre eles este contrato de limpeza dos edificios municipais, opción que o grupo de goberno considera unha irresponsabilidade


Críticas do BNG


Dende o BNG responsabilizan directamente a Javier Bas, sobre o futuro do servizo "ao ser decisivo o voto de calidade do alcalde, ante o empate vivido no Pleno" e critican que a decisión de adoptase "nun pleno urxente e extraordinario convocado ás dúas da tarde impedindo que a veciñanza puidera asistir a un acordo no que se investirán máis de catro millóns de euros en seis anos". Xoan Carlos González reitera que a aposta do seu grupo pasa pola "xestión directa da limpeza de edificios públicos, porque vai sería máis efectiva, melloraría a calidade do servizo, mellorarían as condicións laborais das traballadoras, e mesmo permitiría a contratación de persoas con discapacidade".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: